A Audiencia Nacional ordena a retirada do último exemplar de "El Jueves" por inxurias á coroa

O secuestro do último número de El Jueves constitúe:

-Un grave atentado contra a liberdade de expresión
-Unha medida absurda, que non consegue acalar ao medio de comunicación, senón que pola contra serve de altofalante. Nunca unha portada de El Jueves foi tan reproducida.
-Unha chamada de atención a todos para lembrar que a existencia dunha monarquía no Estado Español non é un feito anecdótico, un mero elemento decorativo.

Afortunadamente -volvo co meu discurso habitual ;)- existe un espazo chamado Internet, onde durante toda a tarde de hoxe a portada de El Jueves ten sido reproducida en decenas de milleiros de páxinas, para que a puidesen ver millóns de persoas, e onde o secuestro ten sido debatido en centos de foros. ¿Van secuestrar todos as páxinas, medios dixitais e blogs que hoxe publican a portada? Que me secuestren. Declárome culpable de incumprir os artigos 490 e 491 do Código Penal

Tamén reaccionaron os Colexios de Xornalistas de Galicia e Catalunya e a Federación Española de Sindicatos de Xornalistas. E moitos medios de comunicación, que publicaron nas súas edicións dixitais a portada, entre eles 20 minutos, El País, El Mundo, La Vnaguardia, El Periódico e mesmo La Razón.

No noso país, GZNación e Vieiros publicaron a viñeta case de inmediato. Non o fixeron nin LaVoz, Faro, ElCorreo, e ningún outro dos medios de papel con edición dixital. Galicia tamén é diferente neste aspecto. A ver mañá no papel. Se cadra estes medios concordan máis co editorial que esta tarde publicou ABC na súa paxina web:
Es lógico, por tanto, que las leyes de este mismo Estado les protejan frente a este tipo de agresiones inaceptables a su honor y a su dignidad, que afectan también al conjunto de los ciudadanos, agraviados así mismo por una ofensa que no puede ampararse en la libertad de expresión. Don Felipe y Doña Letizia gozan del reconocimiento general, de modo que se equivocan por completo quienes pretenden romper la relación de respeto y afecto entre la Corona y los ciudadanos a través de expresiones que sólo demuestran el ínfimo nivel cultural y educativo de sus autores.

Entrevista ao debuxante, Guillermo, en RAC 1:

Get this widget | Share | Track details