ZERO VACAS
Mostrar mensagens com a etiqueta eleccións. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta eleccións. Mostrar todas as mensagens

O consistorio compostelán que resulte elixido o 27 de maio vai tomar a decisión definitiva sobre a concesión a Manuel Fraga dunha rúa co seu nome. Unha boa forma de baixar o prezo da vivenda, nesa zona, si señor. Parece que Bugallo considérao un asunto prioritario. Pero non vou enumerar aquí as razón polas que Fraga non merece unha rúa co seu nome. Ou máis ben as razóns polas que os composteláns non merecen vivir nunha cidade cunha “Rúa Manuel Fraga”.

No fondo todos botamos un pouco de menos a Fraga. Foron moitos anos, moitas manifestacións, demasiado odio como para esquecelo tan rapidamente. Pero semella que todo iso é a prehistoria. Non pasaron nin dous anos e xa nos imos esquecendo un pouco desa personaxe. Para loitar contra ese esquecemento, propoño facer un repaso por algúns dos mellores momentos e frases de Fraga, sobre todo deses últimos anos que se fixeron tan longos.

-"No creo en las encuestas porque son como la mujer, que miente cuando le preguntan con cuántos se acuesta" (11.5.06)

-"Yo, que toda mi vida, como es sabido, he dicho las verdades sin condón, pienso morirme sin ponerme ninguno" (19.1.05)

-Fraga califica de "asquerosa" la ley de matrimonios homosexuales (3.6.06)

-"El Estatuto del Bloque es muy bueno como papel higiénico" (16.12.05)

-"La homosexualidad es una anomalía (...) las personas que nacen así porque los cromosomas se equivocan" (14.12.04)

-"Una mujer antes de casarse procura tener su piso, por si acaso, y su coche, y cuando se da cuenta tiene el primer hijo a los 30 ó 32 años, muchas veces por cesárea, lo que hace difícil repetir" (27.5.04)

-"Me avergüenza la hipocresía de mucha gente. En tiempos preelectorales, los grupos que han estado luchando por el amor libre, por el aborto sin condiciones, por las parejas de hecho del mismo sexo, esa gente dice ahora que le da vergüenza que estos señores -del PP- no se apiaden de la pobre niña" (26.1.04)

-"Todos somos de carne, pero hay que ver cómo tienen organizada la carne algunas chicas" (10.10.01)

-"¡Que pasen los antidisturbios" (29.4.05)

-“Se non foras muller dábache un par de hostias”

 



Onte vimos ao suplente de Touriño case por vez primeira fóra do seu feudo amurallado. Todos os partidos teñen (ou deberían ter) un tapado, un líder futurible o suficientemente potente para lanzalo con efectividade e rapidez se a situación o require. No PSOE teñen a Orozco na recámara dende hai anos, cando a confianza en Touriño non era excesiva e Zapatero aínda non gobernaba en Madrid. É lóxico: é un alcalde popular (e populista), moi próximo aos seus votantes, sen unha ideoloxía demasiado marcada e con carácter.

O luns tivo que enfrontarse aos primeiras espadas de PP e BNG e deixou claro que mesmo na política galega, que ten un nivel tan baixo, aínda hai clases. E que Orozco aínda non está nesa primeira división. Orozco tivo problemas en transmitir a súa mensaxe e deu a imaxe dun candidato gris e con pouco fondo. Serio, si, tranquilo, tamén, pero de segunda división (aínda).

Touriño eludiu o debate
enviando a un dos seus pesos pesados. Pero Orozco non deu a talla.


O debate pódese ver aquí, aquí e na web da crtvg.

 

A 3 MESES DAS MUNICIPAIS

Posted In: , . By Zerovacas

Non é que confíe demasiado na credibilidade das sondaxes pre-electorais, Sobrados erros e manipulacións téñense rexistrado nos últimos anos como para seguir confiando. Pero as enquisas están aí, e en todo caso sempre reflicten tendencias na opinión pública, ou cando menos revelan estratexias mediáticas e políticas.

La Voz de Galicia publicou esta fin de semana o seu Barómetro de Inverno, con datos sobre estimación de votos e asignación de concelleiros nas sete cidades galegas. En primeiro lugar, pódense tirar dúas conclusións xerais:
1. Primeiro, que malia os cambios de goberno en Madrid e Compostela, e malia o fracaso das negociacións para solucionar o conflito vasco, nas cidades non se van producir grandes trasvases de votos entre partidos (aínda que hai alcaldías que dependen e van depender dun concelleiro máis ou menos).
2. E en segundo lugar que a menos de tres meses dos comicios hai varias cidades nas que calquera cousa pode pasar, sobre todo se confiamos no dato que proporciona La Voz, que afirma que o número de indecisos mesmo crece en varios lugares.



Por cidades, semella que en Lugo (nova maioría absoluta de Orozco), Pontevedra (goberno BNG-PSOE) e Santiago (goberno PSOE-BNG) as cousas están bastante claras. Na Coruña vai gañar o PSOE, pero a maioría absoluta de Losada está tan axustada como o estivo a derradeira de Paco Vázquez. As outras tres cidades son unha incógnita:
-En Ferrol a situación está moi atomizada. Cinco partidos obterían representacións, cos bloques de esquerda e dereita divididos case ao cincuenta por cento. Un posible goberno tripartito PSOE-BNG-IU derrotaría á actual maioría conservadora PP-IF por un concelleiro. Pero, ollo, o socialista Irisarri non entusiasma e a súa diferenza co BNG é de menos do cinco por cento de votos.
-En Ourense a cousa parece estar entre PP e BNG, con diferenzas duns centos de votos, toda vez que o socialista Paco Rodríguez afunde dende a última enquisa.
-Finalmente, en Vigo todo pode pasar. Corina sube, pero non o suficiente para gobernar en solitario ou con Manuel Soto. Caballero leva certa vantaxe neste momento, pero ten moi cerca a un Santi Domínguez que recupera posicións e mesmo podería ter opcións de recuperar a alcaldía para o BNG.

O PP pode perder moitas alcaldías, mesmo algunha deputación e as tres cidades nas que aínda goberna en Galicia, uns resultados á baixa que dependendo da súa intensidade poderían complicar o xa débil liderado de Núñez Feijoo. Quintana e o BNG xóganse moito tamén nos comicios de maio, nos que intentarán frenar a perda de votos iniciada hai seis anos, ainda que a paz interna propiciada pola resolución da asemblea de decembro e as boas perspectivas electorais en Pontevedra e mesmo Ourense e varias vilas, poden facer bos os resultados. ¿E o PSOE? Goberna na Xunta, ten o efecto Zapatero do seu lado e a oportunidade de gobernar seis das sete cidades e pode que até tres deputacións provinciais. Ten todas as de gañar, pero por iso mesmo ten moito que perder. ¿Que pasaría se mesmo tendo todo a favor non gaña en Ourense, Vigo e Ferrol?

 

MÁIS BLOGS POLÍTICOS

Posted In: , , , , . By Zerovacas

  1. A rede ofrece a posibilidade de crear unha nova política, máis dialogante, unha política máis próxima á discusión racional defendida por Dewey.
  2. A rede pode axudar a unha selección de candidatos máis aberta, cunha meirande elección dende a base, de abaixo a arriba.
  3. A rede pode facilitar ademais unha meirande participación da cidadanía, con novas fórmulas de activismo e participación online e a revitalización da actividade social das forzas políticas.
  4. Asemade, a rede posibilita a comunicación directa entre electores e políticos (en ambas direccións) a través dos medios sociais.
  5. Como consecuencia de todo o anterior xorde a oportunidade de relaxar a disciplina dos partidos e fomentar a consulta aberta sobre políticas concretas para abordar un novo escenario máis plural e conflitivo, no que a ideoloxía e os valores non son unidireccionais. Os políticos profesionais e os seus hooligans mediáticos e civís adoitan manter posicións ideolóxicas unidimensionais. Pola contra, os cidadáns presentan opinións políticas moito máis diversas e heterodoxas.
  6. Neste contexto os blogs poden xerar un cambio drástico, constituíndo un espazo no que os cidadáns poden recuperar a súa liberdade de debate e xeración colectiva e colaborativa de ideas, e deste xeito influír dun xeito máis decisivo sobre as actitudes dos políticos profesionais.


Os blogs políticos deberían aportarlles aos cidadáns elementos de coñecemento racional fronte ás mensaxes unidireccionais e a discusión mediatizada dos medios tradicionais. Tamén deberían converterse en espazos abertos de debate e discusión de ideas e posturas políticas. Algo que polo de agora non están facendo no noso país. As comunidades de distinta ideoloxía rara vez se mesturan, non existen foros de debate plurais, nin espazos de diálogo onde uns e outros se atopen e coñezan as posicións do outro. A socioloxía norteamericana ten introducido o termo de ignorancia pluralista (pluralistic ignorance), que pode definirse como “ignorancia de como pensa a xente”. Este fenómeno prodúcese cando unha sociedade está polarizada, partida en dúas metades con opinións totalmente opostas, de xeito que os individuos dun e doutro grupo rara vez discuten os seus puntos de vista cos do grupo contrario, polo que acaban tendo unha visión moi deformada de cal é a opinión predominante na sociedade, sobrevalorando á do seu grupo. É o que se denomina tamén unha percepción especular (looking glass perception).

A seguir, enumero unha escolma de blogs políticos non (expresamente) militantes, o que non impide que practicamente todos eles teñan unha ideoloxía moi clara. Con todo, dado que a maioría en ningún momento fan explícita esa adscrición partidaria ou ideolóxica, preferín non agrupalos por tendencia política. Así, a única clasificación que fago é en base á lingua.

GALEGO

DENDE O PURO NORTE

OURICEIRA

ABOBRIGA

ESTOUTRAS

GALAICO E CONSERVADOR

CONXUROS CONTRA A NEBOA

A RANDEEIRA

COUSAS DE IMENEO

INFÓRMATE DENDE A GALIZA

A TORRE DA DERROTA

RIBADEANDO

BRÉTEMAS

LANTANIA

GALPON DE BREOGAN

BITÁCORA DO NORDÉS

BLOG DE FARIÑA

BLOG DE SANXENXO

ZEROVACAS


CASTELÁN

JAVI ESCRIBANO

LA CHISPA

GALICIA LIBERAL

CORUÑA-GALICIA-SPAIN

DIARIO DE LIBERAL

EL CIDADANO LIBERAL

LA BITÁCORA DE VÍCTOR B.

LA VERDAD DE VIGO

LIBERAL VIGUÉS

LIBERTAD EN RED

LIBERALISMO GALLEGO

RADIKALES LIBRES

VIVEIRO DEBATE

LIBERTADPP

RICOY

LA POLITICA NO ES UNA...

MIL MANERAS

XUNTAS

EL LIBERAL DE BORJA

 

Unha das cousas que máis me ten sorprendido nestes 18 meses de goberno de Touriño é a súa capacidade para cambiar de opinión, para defender dous discursos practicamente enfrontados cunha diferenza de 24 horas entre eles. Ás veces semella que se ergue pensando en afiliarse ao BNG e pola noite dúrmese xa cun discurso máis propio de José Bono, Paco Vázquez ou Génova13. E non, non penso que o presidente Touriño sufra algún trastorno bipolar ou esquizofrénico. A explicación é moito máis sinxela e terrible: goberna segundo os humores, as opinión dos cidadáns. Ou máis ben segundo o que as innumerables enquisas (pagadas co diñeiro público) que realiza o seu servizo de Análise e Proxección din-que-pensa-a-cidadanía.

E moita xente pode argüir: os gobernos deben actuar en función do estado de opinión xeralizado, segundo a opinión dos cidadáns, do pobo soberano. Pero isto non é así. Mesmo se as enquisas flash que realiza a Xunta fosen absolutamente fiables, os gobernos deben gobernar, cumprir un programa, levar a cabo unha serie de transformacións sociais, acertadas ou non, pero que consideran que poden conducir ao ben común. Para iso foron elixidos polos cidadáns, non en sondaxes telefónicas, senón en eleccións democráticas. Os gobernos están aí para gobernar, non para gañar as seguintes eleccións.

Ás veces dá a impresión de que o PSOE en Galicia ten a vista posta, unicamente, nas eleccións municipais de maio e nas autonómicas de 2009, e que cada unha das súas decisións está perfectamente deseñada para buscar o favor público inmediato e deste xeito rabuñar votos a esquerda e dereita. Un traballo de Jacobs e Shapiro publicado no ano 2000 argumentaba que todos os presidentes norteamericanos dende os últimos anos 70 utilizaran os servizos de pescuda sociolóxica da Casa Branca como unha ferramenta para manipular ou atraerse a opinión pública centrista, a través de medidas políticas decididas sobre a marcha para coincidir coa opinión maioritaria en cada momento. Esta hipótese foi confirmada recentemente polo estudo de 2006 “Private Polls and Presidential Policymaking Reagan as a Facilitator of Change”, de Shoon Kathleen Murray. Este traballo demostrou a coincidencia entre a opinión maioritaria declarada en 129 enquisas realizadas por Richard Wirthlin (o experto en prospección pública de Reagan) e as medidas adoptadas polo goberno norteamericano nos meses seguintes.

Cando unha decisión tómase porque o seu grao de aceptación subiu un par de puntos, e non porque tras unha análise racional se considerou que había que tomala, malo. Malo para os cidadáns, malo para o país.

 

¿QUERES DERROTAR A BUSH?

Posted In: , , . By Zerovacas

Frikis hai moitos e de moitas clases. Mesmo hai frikis que nunca leron un cómic, que non teñen máis mangas que as do xersei, e hai frikis que non foron a certo cumpreanos o sábado. O que quero dicir, por exemplo, é que hai persoas que poden falar horas e horas de política, de política virtual sobre todo, atopando fascinantes e absurdamente amenos certos detalles ou anécdotas que a maioría consideran absolutamente aburridos ou ridículos. Certas persoas que mesmo se ergueron ás catro da mañá para seguir en directo o reconto de votos das últimas eleccións presidenciais norteamericanas.

Para este tipo de frikis fanse xogos de simulación política como President Forever, onde podes gañar as presidenciais norteamericanas, ou acadar a maioría de escanos nas lexislativas alemás, británicas, australianas e canadianas. Estes xogos levan anos tendo bastante éxito nos Estados Unidos. Teñen unha boa xogabilidade e son bastante realistas (todo o semellantes á política real que un xogo pode ser).

Tamén este tipo de freak está contemplado no Geek Test (aquí en castelán).
Así que, basicamente, se algunha vez rexeitaches ir a unha festa (mesmo a unha festa friki) porque estabas moi ocupado en planear como dominar o mundo, en primeiro lugar debes ser consciente de que es un friki, e en segundo lugar deberías facerte con algún destes simuladores políticos, para derrotar a Bush, convertir a Howard Dean ou Ralph Nader en presidentes esquerdistas dos Estados Unidos, ou simplemente polo teu natural afán de dominar o mundo.

 

As eleccións municipais que vai vivir Galicia en menos de seis meses constitúen un escenario perfecto para a posta en marcha destas experiencias, dado o seu carácter local e pegado ás preocupacións cidadás. As netroots, os activistas en rede, tampouco inventan nada, non xorden do baleiro e o seu éxito depende, sobre todo, da cultura democrática e do activismo militante que exista nun determinado país, non da tecnoloxía empregada. As netroots non difiren demasiado das tradicionais grassroots, as redes sociais de apoio a un candidato ou partido, que actúan dentro da súa comunidade local, normalmente un condado (nos EE.UU.) ou concello. ¿Está preparado o noso país para que xorda un movemento de mobilización electoral de cara ás eleccións municipais, non necesariamente apartidista (nas eleccións vótase a listas electorais) mais si fóra da protección e do control das estruturas de comunicación dos partidos políticos? A experiencia de Nunca Máis ou doutros movementos de estrutura asemblearia e iniciativas abertas como “Hai que Botalos” ou “Xa Vai” pode servir de referente e estímulo.

O chamamento a repetir experiencias pasadas na creación de documentos audiovisuais de denuncia de cara aos comicios de maio do ano que vén xa foi feito dende algún blog, por certo, con bastante escaso eco, o mesmo que a iniciativa xa posta en marcha de denunciar graficamente (vía flickr) os desastres urbanísticos en proxecto ou en execución nas nosas costas, un asunto tamén recollido nun recente informe publicado por Greenpeace. Trátase diso, de ter claros os obxectivos, e de empregar todas as ferramentas tecnolóxicas ao noso alcance para logralos, implicando a cada vez máis xente, saíndo dos tradicionais círculos militantes, altamente politizados, ou dos usuarios máis activos da rede.

Na miña opinión, son moitas as cousas que se deberían facer de cara ás eleccións, repetindo experiencias xa ensaiadas noutros países, ou novas iniciativas, que para iso en Galicia temos imaxinación de abondo.
-Un agregador de blogs políticos e de posts políticos de blogs, organizado por concellos ou comarcas, e que poida servir de foro de debate aberto, non partidista, sobre cuestións xerais ou elementos locais.
-Un portal de información sobre as eleccións, cun modelo aberto, non xerárquico, semellante ao empregado por chuza ou digg. De feito podería incluírse como sección de chuza, con acceso dende a páxina principal.
-Creación de blogs específícos dedicados ao apoio a candidatos progresistas, coa organización de actos, ideación de issues, modificación da axenda dos medios tradicionais, e creación de marcos interpretativos favorables ao candidato apoiado por estas netroots.
-Unha páxina dedicada á difusión de vídeos curtos de denuncia e mobilización, documentais ou de creación, organizados por temas e comarcas.
-Unha chamada xeral (como xa se fixera outras veces) a filmar en vídeo a xornada electoral, para velar pola limpeza das eleccións, sobre todo nos concellos rurais, para colgalos nunha web dedicada a ese fin, ao estilo de VideotheVote.
-Levar os blogs ao mundo real, ao mundo “físico”, digamos, coa organización de actos de denuncia, quedadas, conferencias sobre asuntos denunciados ou debatidos na rede.

Por suposto, este é un post aberto, e estas son propostas, simplemente, a miña achega a un debate necesario e que debería comezar a tomar forma á volta de Nadal como moi tarde. ¿Será o 2007 o ano do blogomillo político?

Ler a primeira parte do artigo

Ler a segunda parte do artigo

 

¿Estamos observando os primeiros pasos dun fenómeno que marcará o desenvolvemento das nosas sociedades nas vindeiras décadas ou todo isto non é máis ca un fenomenal exercicio de wishful thinking? ¿Estamos a realizar unha análise racional e equitativa da realidade ou deixámonos levar polo desexo de atopar alternativas ante as obxectivas e dificilmente cuestionables crises simultáneas das escleróticas democracias occidentais e dos medios de comunicación tradicionais? Particularizando no noso contexto, ¿están a sociedade galega e española preparadas para a irrupción deste fenómeno? Os blogs, as comunidades virtuais e a comunicación en rede só poden acadar un papel substancial na política nunha sociedade que posúa unha cultura democrática moi desenvolvida e unha certa extensión do uso informativo da e comunicativo das novas tecnoloxías. En ambos os dous aspectos tanto Galicia como o conxunto do Estado Español atópanse á cola dos países desenvolvidos.

É certo que xa nas eleccións vascas e galegas de 2005, no referendo de aprobación do Estatuto de Autonomía de Catalunya, así coma nos propios comicios catalás de 2006, a esperada incipiente influencia dos blogs e da comunicación online resultou finalmente moi limitada, poderiamos dicir que anecdótica. Do mesmo xeito, a propia extensión da sociedade da información e das tic’s no Estado Español segue moi retrasada con respecto aos Estados Unidos, Xapón ou a media da Unión Europea, con índices de crecemento tan demorados, ademais, que aínda van retrasar moitos anos a necesaria converxencia cos nives de implantación do noso entorno. Todo iso é certo e constitúe un conxunto de factores que limitan e lastran a posible influencia que a comunicación en rede poida ter na vida pública e política de Galicia e España. A eses factores únese outro, a apatía política, a mala saúde da nosa democracia, que se ben constitúe unha nova rémora para a Política 3.0, deben converterse ao mesmo tempo nun acicate e unha bandeira de enganche que acelere este proceso. Nas últimas eleccións celebradas no Estado Español obsérvase unha progresiva tendencia cara ao perigoso bipartidismo (agás en Catalunya e Euskadi, e con dúbidas, Galicia), unha participación electoral cada vez menos numerosa e activa (salvando o caso excepcional das eleccións xerais de 2004 que derrotaron ao Partido Popular, únicas eleccións por certo nos que a Política 3.0 e os seus instrumentos de mobilización asomaron a cabeza, aínda que fose timidamente e en circunstancias moi especiais e dolorosas). E en xeral, unha cada vez maior apatía e desvinculación da cidadanía con respecto aos partidos políticos e ás institucións democráticas, unha apatía que podería eclosionar no fortalecemento das forzas de extrema dereita ou populistas, como Ciudadanos de Catalunya.

Por todos estes factores son necesariamente escéptico con respecto ao agromar das comunidades virtuais como grupo de presión ou como medio de información influínte nas vindeiras eleccións. Porén, os activistas destas redes, malia non ser evidentemente unha maioría social constitúen unha minoría moi numerosa (ao redor de millón e medio de internautas), cualitativamente moi importante, activa e ben formada e informada. Estas redes son naturalmente complexas, pois necesitan da actividade conxunta de moitos usuarios para ser exitosas, pero os superusuarios da blogosfera teñen unha enorme capacidade (vontade + nocións técnicas) de mobilización, co que a formación dunha rede de comunicación e debate electoral, de agregamento de blogs, de convocatoria de actos ou de difusión de vídeos de denuncia, non resultaría complicado, así como tampouco a súa difusión viral e popularización. Non é un problema técnico. A popularización das novas tecnoloxías, cando menos entre estes superusuarios, permítelles gravar calquera acontecemento coas súas cámaras de vídeo ou fotográficas e inmediatamente colocar estas imaxes nos seus blogs ou portais de información vía youtube e difundilas a todo o mundo en cuestión de horas.

Os blogs (e emprego blogs como concepto popular, aglutinador de todas as ferramentas e experiencias de comunicación aberta e non xerárquica en rede) deben servir para aportar elementos de coñecemento e discusión das ideas e posturas políticas aos cidadáns fronte ás mensaxes unidireccionais e a discusión mediatizada dos medios tradicionais. Neste contexto os blogs poden xerar un cambio drástico, constituíndo un espazo no que os cidadáns poden recuperar a súa liberdade de debate e xeración colectiva e colaborativa de ideas, e deste xeito influír dun xeito máis decisivo sobre as actitudes dos políticos profesionais. Aí están as experiencias de The People Choose 2006 ou Video the Vote, distintas maneiras que teñen os cidadáns de participar e influír no proceso democrático, no debate democrático ou (no caso de VideotheVote) de velar pola súa transparencia.


Nas últimas eleccións ao Parlamento a participación dos votantes a través de blogs ou foros en Internet (Vieiros, Arroutada) foi moi importante, o mesmo que o consumo de información na rede, que fixo que tanto Vieiros, Xornal.com, ou as edicións dixitais dos principais xornais de Galicia acadasen datos record, só equiparables aos conseguidos durante a catástrofe do Prestige. Houbo mesmo unha experiencia moi interesante, aínda que moi limitada e mellorable, como foi o agregador de blogs electorais Eleccionesgallegas.com, que así e todo tivo un éxito moi escaso e reducida participación e interese, limitándose os seus autores a reproducir algunhas noticias e sondaxes aparecidas nos medios e, sobre todo, a enlearse non en debates, senón en monólogos máis próximos ao insulto que á construción reflexiva e racional de discursos


Falando brevemente destes temas con Elric, comentábame que pensaba que a blogosfera xa tivera no pasado unha certa influencia en Galicia, por exemplo durante a catástrofe do Prestige, na que milleiros de galegos comezaron a informarse a través da rede, en Vieiros, na edición dixital de Voz ou Faro ou en calquera medio ou institución de fora de Galicia que contase o que realmente estaba sucedendo. Comezaron tamén a utilizar a rede como instrumento de mobilización, política ou non, por exemplo para a formación e organización de grupos de voluntarios ou para a realización de actividades de apoio, sobre todo dende o mundo da cultura (Arredemo). Outro exemplo témolo nas eleccións xerais de 2004, en especial durante o período que mediou entre o 11 e o 14 de marzo. Galicia non foi Madrid ou Barcelona, pero diante da sede do PP en Compostela reuníronse máis de 1500 persoas, convocadas exclusivamente por sms. Por certo, moi recomendable o libro e DVD editados por investigadores do Grupo de Estudios Avanzados en Comunicación da Universidad Rey Juan Carlos I de Fuenlabrada. Ben, durante a crise do Prestige Internet estaba moi escasamente implantada no noso país (aínda que dende entón a fenda dixital que nos separa da Europa desenvolvida e de Madrid, Euskadi e Catalunya non deixou de aumentar, cruzamos os dedos para que os últimos datos do EGM non sexan un espellismo), non había blogs, e se os había eran consultados por moi pouquiña xente (a gran explosión dos blogs tivo lugar no ano 2003 nos EE.UU, a raíz da invasión sobre Irak, e en 2004-2005 no Estado Español) Pero os foros ardían, e tamén os sms e os e-mail de difusión viral (forwards), e é que o Prestige foi un feito excepcional que esperamos que non se repita (aínda que estou seguro que se vai repetir), que podería ter desembocado nunha auténtica revolución social. Os blogs non inventan nada, só constitúen unha mellora tecnolóxica (unha popularización e simplificación da tecnoloxía) para dar saída e responder ás necesidades de comunicación da sociedade, pero ¿que tería sucedido en Galiza no inverno de 2002-2003 de termos contado cunha blogosfera tan desenvolvida e activa como temos agora? Elric tamén me lembrou a organización dunha cadea humana que uniu a estatua do pai do socialismo español, Pablo Iglesias, e o monumento dedicado ao referente do nacionalismo galego, Castelao, tentando deste xeito apoiar publicamente o pacto de goberno PSOE-BNG. A participación foi relativamente importante (400 persoas), pero non creo que este acto tivese unha verdadeira importancia política. Con todo, si pode servir de exemplo das cousas que se poden facer a través das comunidades virtuais e a comunicación en rede.



Mañá, as miñas propostas para convertir o 2007 no ano da blogopolítica en Galicia

Ler a primeira parte do artigo

 

¿Serán as eleccións municipais e autonómicas de 2007 o punto de despegue da blogopolítica en España? ¿E en Galicia? ¿Até que punto a cultura política do noso país está preparada para asumir un movemento desas características? ¿Até que punto a blogosfera, as comunidades virtuais, os cidadáns altamente informados e tecnoloxizados, en rede, están preparados para dar ese salto? Nos EE.UU. as netroots xa constitúen un poder alternativo aos tradicionais lobbies e grupos de apoio. O movemento, máis rápido ou máis lento, xa é imparable, aínda que moitos tenten minusvalorar a súa importancia e poder. Na longa campaña política que acaban de vivir os EE.UU. e que concluiu cunha vitoria histórica dos candidatos demócratas, os blogs funcionaron a todo ritmo, aínda que deixaron ver numerosas carencias, sendo na súa meirande parte repetidores, relays doutros medios de comunicación, e con moi escasa información propia. Ademais, algúns candidatos apoiados polas bases de cibercidadáns non tiveron sorte, o que levou á revista progresista The Nation a reflexionar sobre o poder da blogopolítica e a ciberdemocracia: “The Netroots Election? Not So Fast”. De feito, o máis famoso candidato das netroots, Ned Lamont, caeu derrotado perante o que fora nun comezo o candidato “oficial” demócrata en Connectica, Joe Lieberman, candidato á vicepresidencia en 2004 con Kerry e derrotado nas primarias polas netroots locais. Un dos principais asesores de Clinton durante o seu mandato, Lanny Davis, afirmou que a derrota de Lamont probaba a debilidade da blogosfera: "proved the blogosphere is all wind and very little sail".

Os blogueiros, que neste caso constitúen o sector máis progresista do Partido Demócrata, atopan outras explicacións, alén od suposto apoio que o Partido Republicano tería emprestado a Lieberman, conscientes da imposibilidade da vitoria do seu candidato.
Para os blogueiros, a importancia das netroots non se cifra tanto na elección dun ou doutro candidato, senón na creación de marcos favorables aos candidatos liberais, por exemplo o ter colocado a guerra como o principal asunto de campaña e principal preocupación dos cidadáns (o que foi determinante para a xeral derrota republicana). Por exemplo, Chris Bowers concluiu que os activistas das netroots foron cruciais para a vitoria moito antes da campaña: "most, if not all, of the significant improvements Democrats have made from 2004 to 2006 were generated primarily within the netroots and the progressive movement”. Asemade, as netroots moi poucas veces funcionan en solitario, senón que constitúen o complemento ideal para a actividade das grassroots, fortalecéndoas: "In many ways the netroots are just the most visible part of the nationwide grassroots movement".

John F. Kennedy cambiou para sempre a política cando entendeu que o poder emitíao a televisión, un medio para promocionar a imaxe persoal e concentrar o poder perante unha audiencia admirada, emocionada e pasiva. Os blogs son xa unha fuerza na política norteamericana. Inflúen máis nos políticos e nos xornalistas ca nos cidadáns, pero forman unha maquinaria de debate, activismo e propaganda que democratiza e rompe a estrutura interna dos partidos. Sen o seu apoio non se pode ser candidato. Os blogs democratizan a información e son unha ferramenta de participación que pode mellorar a calidade democrática. A blogosfera está influíndo na xeración de opinión pública, axudando a decantar xa o discurso informativo. A influencia da blogosfera na política non é unha cuestión de futuro, é xa unha realidade. En España a súa influencia é aínda indirecta, a blogosfera inflúe en periodistas e persoas que xeran opinión, no xornalismo tradicional e éste na opinión pública. En cambio, noutros países xa ten unha influencia directa na política.


Grazas ás redes informativas, agora escóitanse as voces dos cidadáns e os políticos libremente, sen a intermediación dos grandes grupos de comunicación. En España algúns políticos estanse abrindo á rede, non así os partidos, unicamente preocupados polas campañas, o control das mensaxes e a propaganda. Asústalles a conversión da política nun sistema descentralizado onde comunidades virtuais de cidadáns organízanse e actúan nunha ou en varias partes do proceso. O obxectivo é descentralizar o debate e multiplicar os centros de poder e axentes políticos para loitar contra a concentración en manos dos partidos, grandes empresas, lobbies e grupos de interese institucionalizados ou apoiados nunha forte base económica.


As campañas son feitas polos políticos, pero tamén polos seus seguidores, como ben explotou Howard Dean, pioneiro da política en rede, agora presidente do Partido Demócrata. Como digo, todo comezou con Howard Dean. Ano 2004, Joe Trippi, o seu xefe de campaña, convenceuno para lanzarse a facer política na Rede. O gobernador de Vermont era un candidato distinto, atractivo, magnético, que espertaba confianza e ilusión; confianza, a base da comunicación en rede. A campaña de Dean en Internet tentaba crear unha rede social con catro obxectivos: conseguir financiamento, mobilización electoral (activistas e votantes rexistrados), penetrar na axenda dos medios e crear opinión pública, e finalmente mobilizar votos. A base da campaña de Dean e Trippi era devolverlle a política á xente, ao terreo persoal, convencer aos cidadáns coa palabra, co debate, non con eslógans, unha política pegada ao local, á comunidade. Canda Dean e Trippi había unha terceira persoa, Nicco Mele, webmaster daquel movemento, un movemento que fuxía da televisión e baseaba o seu éxito na comunicación en rede. Para realizar unha campaña tan intensa e extensa en televisión sería necesario un orzamento enorme. A necesidade fíxose virtude. Pero o medio non é o importante, importa como se use. Grazas a Dean a política comezou de novo a escoitar con atención á xente, e a escoitar a moite xente á vez grazas á tecnoloxía. Directamente, sen o filtro dos medios masivos e unidireccionais.

(continuará...)

 

Se temos que sinalar a un perdedor nas eleccións celebradas onte en Catalunya, sen dúbida esa persoa é José Montilla e os socialistas cataláns. ¿Gañadores? Gañadores decláranse todos os demais. CiU porque gañou, por suposto (aínda que non arrasou e mesmo perdeu votos), e obtivo once escanos máis que o PSC. Asemade CiU pode sacar peito por gañar nas catro provincias, e mesmo por derrotar ao PSC na cidade de Barcelona, coas eleccións municipais a seis meses (aínda que esas van ser outra historia). Gañan tamén ERC e PP porque despois de todo o que pasou só perden dous e un escanos, respectivamente. ICV porque sube, e moito. E Ciudadanos porque entran no Parlament co seu discurso demagóxico e populista.



Pero o verdadeiro gañador é a abstención: máis do 43% dos cataláns quedaron na casa ou preferiron pasar unha hora máis nos cemiterios, no que constitúe o segundo peor dato de participación da historia de Catalunya. Seguramente os tres anos do govern tripartito, cheos de conflitos e tirapuxas, teñen parte de culpa. E seguramente a campaña, infantil e escasamente elegante, tampouco non axudou. Pero ese 43% de abstención indica que unha parte moi importante da sociedade (e agora estou a falar en xeral), sobre todo nas zonas máis urbanas e desenvolvidas, non se sente representada polos seus políticos, e non se sente implicada nos procesos democráticos. Vivimos en sociedades en constante cambio, cunha mobilidade social moi importante, con fluxos migratorios que fan que en cada elección se incorporen aos censos locais milleiros de persoas chegados doutros países ou rexións; a política, como tarefa común e participativa, debería contribuír á integración das nosas comunidades, e non provocar o efecto contrario.

A abstención é o gran gañador destas eleccións porque constituíuse no meirande determinante dos resultados finais. Cunha participación algo máis elevada, por exemplo o 63% rexistrado hai tres anos, ERC e PP terían perdido 3 ou 4 escanos, ICV non tería subido tanto como subiu, e C'S seguramente tería quedado sen representación, ao non chegar, cos seus 80.000 votos, ao 3% esixido. En canto aos dous grandes partidos, o PSC posiblemente tería resistido mellor, baixando un par de escanos unicamente, e CiU podería ter conseguido unha gran vitoria, por riba dos 50 deputados.



Pero as eleccións xa pasaron, e é hora de pactar. CiU+ERC, CiU+PSC, tripartito... Nun post publicado hai unha semana recollín os datos da enquisa do CIS relativos aos pactos postelectorais predilectos:
En canto ás posibles coalicións, a favorita é a grosse koalition á alemana entre CiU e PSC, cun 25% dos apoios, pero seguida moi de cerca pola repetición do tripartito (20,5%) ou un goberno CiU-ERC (20%). Os votantes do PSC, e aquí temos un dato moi interesante, decántanse por un pacto con CiU (42%) fronte a un novo tripartito (29%). Mentres que os de CiU apostan por gobernar con ERC (42%) antes que co PSC (31%). Finalmente, tamén os republicanos optan por CiU como socio (56%) antes que polo PSC (26%).

Así están as cousas. ERC consegue resistir (malia todo) e de novo ten a chave de todos os pactos. ¿Que vai pasar? Pasará o que queira Esquerra que pase. Venderase ao mellor postor cun só límite: o difícil pacto CiU-PSC auspiciado por Zapatero, que perdeu onte as súas primeiras eleccións como presidente.

 


¿Teñen os blogs unha verdadeira importancia política? ¿Inflúen na toma de decisións das autoridades e os partidos? ¿Crean opinión na sociedade e nos votantes? ¿Modifican os comportamentos políticos dos cidadáns? ¿Sérvenlle aos cidadáns, á sociedade civil para autoorganizarse, para influír no debate público, para crear opinión pública? ¿Van ser as vindeiras eleccións municipais a primeira mostra dese “asalto cidadán aos medios”, a través dos medios de comunicación online? ¿O blogomillo, como comunidade (termo en discusión), ten capacidade de influencia política? ¿Poderán servir os blogs, e Internet en xeral, como un revulsivo que converta as nosas febles democracias rituais, alleas á cidadanía e controladas por grupos de presión, en democracias participativas, deliberativas, movidas polo debate público?

Prometo contestar a estas preguntas nas vindeiras semanas. Polo momento déixovos con dúas reflexións sobre o tema, unha feita por min e outra por Juan Varela. Hai 18 meses Juan Varela falaba destes temas, en relación coas eleccións vascas e galegas. Por outra banda, o pasado mes publiquei un post no que me preguntaba se estabamos a vivir os últimos anos da prensa escrita (que non do xornalismo, nin dos xornalistas, non confundir). Un asunto moi de actualidade, despois de que o Finantial Times publicase hai unhas semanas un estudo que os europeos dedicaban máis tempo a consultar a prensa en Internet que en papel.

 

¿CATALUNYA QUERE "MAS"?

Posted In: , . By Zerovacas



Os datos son coñecidos. Segundo a enquisa do CIS publicada hoxe, CiU gañaría as eleccións cunha diferenza ampla (entre 10 e 13 deputados) sobre o PSC, que perdería votos. Baixarían lixeiramente ERC e PP e subiría ICV. Estes resultados deixarían, con todo, o escenario aberto para moitas posibles coalicións: CiU-PSC, PSC-ERC-ICV ou CiU-ERC... A enquisa do CIS é, de todas as publicadas, a máis favorable para os converxentes e a máis negativa para un PSC que non logra atopar o seu lugar na campaña.

Sorprende en primeiro lugar a participación prevista pola enquisa (o 65% afirma que acudirá “con toda seguridad” ás urnas, máis outro 17% que di que “seguramente si” o fará). Hai que ter en conta que en 2003 votou o 62% dos cataláns, o que foi considerado un bo dato, e espérase que nestes comicios a abstención se achegue ao 50%.

Os excelentes resultados dos converxentes explícanse ao revisar as respostas a outras cuestións formuladas pola enquisa. Os cataláns consideran que CiU defende mellor os intereses de Catalunya (28% fronte a 22% do PSC), está máis unido (25 fronte a 17), ten mellores líderes en Catalunya (31 fronte a 22) e está máis capacitado para gobernar Catalunya (32 fronte a 23). O PSC só supera aos converxentes nun aspecto, é o partido “que mellor representa as ideas da xente coma min” para o 27% dos enquisados, mentres que só o 22% decídese por CiU neste apartado. Polo tanto, semella que se ben os votantes séntense próximos ao PSC e á súa proposta programática, non o ven capacitado para gobernar Catalunya, en especial ao seu candidato José Montilla, todo o contrario que a CiU e a Artur Mas, que son percibidos como unha proposta máis sólida e seria. Con respecto ás eleccións xerais de 2004, é CiU quen mellor fideliza os seus apoios (repetirían o 91% dos seus votantes), e o mesmo fan ERC e ICV (76%). En cambio, PSC e PP só conservarían o 60% dos votos de 2004. Os principais transvases de votos produciríanse de PP (27%) e PSC (15%) cara aos converxentes.



Unha das preguntas máis interesantes de toda enquisa é aquela formulada aos que declaran non ter decidido o seu voto, neste caso máis dun terzo dos entrevistados (33,5%), referida ás opcións electorais entre as que dubidan. Esta pregunta adoita facer previsibles certas “sorpresas” de ultima hora. Neste caso, a meirande parte dos indecisos, o 23% declara dubidar entre PSC e CiU, mais non é desdeñable o número de votantes situados entre CiU e ERC (13%). As restantes “batallas”: PSC-ERC, CiU-PP, PSC-ICV ou ERC-ICV aglutinan un número de respostas moi inferior. Este dato dinos que, se ben o PSC aínda podería igualar ou mesmo superar o resultado de 2003 se conseguise arrastrar a esa masa de indecisos, existe unha masa de votantes aínda maior que podería recalar en CiU, que deste xeito podería mesmo mellorar os datos presentados hoxe polo CIS. Con todo, de todas estas cifras, é quizais a do número de indecisos (33%) a máis importante, pois indica que a unha semana dos comicios todo (ou case) está aínda por decidir.



En canto ás posibles coalicións, a favorita é a grosse koalition á alemana entre CiU e PSC, cun 25% dos apoios, pero seguida moi de cerca pola repetición do tripartito (20,5%) ou un goberno CiU-ERC (20%). Os votantes do PSC, e aquí temos un dato moi interesante, decántanse por un pacto con CiU (42%) fronte a un novo tripartito (29%). Mentres que os de CiU apostan por gobernar con ERC (42%) antes que co PSC (31%). Finalmente, tamén os republicanos optan por CiU como socio (56%) antes que polo PSC (26%).

A resposta, o 1 de novembro. Ese día veremos se Montilla é capaz de mobilizar a porción do electorado que tradicionalmente se ven abstendo nas eleccións autonómicas, pero que vota ao PSOE en xerais e municipais. Ou veremos se Mas é quen de atraer a unha gran maioría social, coa súa proposta dun goberno sólido, serio e bo xestor. Así e todo, o máis probable é que o 1 de novembro atopemos máis preguntas que respostas e que todo se dilucide en conversas posteriores.

Enquisa do CIS
Análise das webs dos candidatos

Especial de El Periódico sobre os comicios

 

Xente

  • 26 razóns para ir ao Festival de Xixón 2008 - Na excursión mensual ao Libro de Notas ofrézolles razóns para ir ao Festival de Xixón. Se para o de Donostia aportei trece razóns, para Xixón doulles o ...
    Há 10 minutos
  • Volta aos cenários - Como já vos contara, nom se fai bom de nós: o Projecto Mourente estará no Music.gal do Cultur.gal. Será o 6 de dezembro no Palexco da Corunha. Parece ser q...
    Há 1 hora
  • Babel Tower - Agora mesmo, en RNE3, a presentadora está entrevistando ao músico portugués David Fonseca en ¡¡inglés!! por medio dunha ¡¡ intérprete!!. A presentadora xu...
    Há 2 horas
  • Vim-te marchar três vezes da casa - Com esta vim-te marchar três vezes da casa dando um portazo e prometendo nom voltar nunca mais A primeira vez durou o tempo suficiente para que eles pensa...
    Há 4 horas
  • IMPRESIÓNS (MIÑAS) DE POLONIA - 1. A estrada que une Berlín e Poznán, unha liña recta rodeada de brétema limpa, ofrece a maior concentración de camións e nightclubes (de nomes digamos hi...
    Há 13 horas
  • - primeiro foi voltar cun galeano nun paquetiño de papel de estraza, agasallo de y. despois, correr polo metro onda eles, porque o ordenador se puxera maliñ...
    Há 14 horas
  • A presenza da literatura galega no exterior - Múltiples compromisos de traballo impedíronme participar no Simposio organizado pola AGE sobre «O libro galego no mundo». Afortunadamente, as informacións ...
    Há 16 horas
  • - descuberta manos de topo. o sábado, na Capitol. eran os teloneiros pero superaron con creces aos outros dous grupos. música diferente e letras que ben pod...
    Há 19 horas
  • Alternativas á hipoteca da presenza na proxección cultural exterior - Na intervención do pasado xoves 13 no V Simposio *O libro e a lectura* da Asociación Galega de Editores, correspondente á mesa redonda referida na anotaci...
    Há 20 horas
  • outro capítulo no podmallou - aí o está. xa poden escoitar a música e a voz do capítulo chamado homes e máquinas, terceiro da serie titulada (escolla a opción que máis lle guste): a. ...
    Há 1 dia
  • PORCA MISERIA - Cinco historias, de las once que desarrolla el libro de Roberto Saviano, le han bastado a Matteo Garrone para meterse en las alcantarillas de un país lla...
    Há 1 dia
  • Un país a medio facer - Un país a medio facer é o título do meu próximo libro, que estará nas librerías dentro de quince ou vinte días. Sairá publicado na colección Crónica de Xer...
    Há 1 dia
  • O CIRCO DE BOTERO E UNHA PREGUNTA PARA OBAMA - Pasei o serán do domingo visitando a exposición que está aberta na Casa das Artes de Vigo e que vos recomendo a todos. Non valen escusas ( "é que non son d...
    Há 1 dia
  • De cales prefires? - De cales prefires? Upload feito originalmente por Modesto En calquera caso, se queres recibir unha felicitación destas, terasme que pasar o teu enderezo de...
    Há 1 dia
  • La elegante interpretación de los orbitales atómicos - Tocamos y esto no duele. Tú escribes Madame Bovary en el marbete de mi bolso de viaje con una media sonrisa de invernadero, y yo acabo midiendo los meses a...
    Há 1 dia
  • O Tangaranho entrevista a Núñez Feijoo - *Hoje tenho umha cita bastante especial, estou algo nervoso. O Tangaranho está a ponto de marcar um novo fito histórico na sua andaina, depois de entrevis...
    Há 2 dias
  • Alicia Fashion - Lúa Neghra agasállame con estes modelitos virtuais, baseados nas pasaxes de Carroll. Non sei que foi o que lles fixo exactamente Alicia a estes señores par...
    Há 2 dias
  • TORTA DE SANTIAGO - A *Xira Invención da Pólvora 2008* deu en ser unha copiosa enchente na que houbo de todo: cuberterías rotas, pratos fortes e simples entrantes, ensaladas ...
    Há 2 dias
  • JCVD - A quen non lle gusta unha peli de Jean-Claude Van Damme de vez en cando? (Os que digan que non que vaian desfilando...) JCVD é un filme no que o propio Van...
    Há 2 dias
  • Meu Novo Xoguete¨¨ - Pois e q xa temos banda,jejje, ou polo menos xa emsaiamos cum sintetizador um teclado umha caixa de ritmos e umha guitarra, mais ou menos esa e a idea, ma...
    Há 2 dias
  • As obras da Ponte de Ourense - Onte Aser falou no Congreso sobre o Ourense medieval sobre as obras de reconstrucción da Ponte de Ourense en base á documentación recurerada por F. Espino...
    Há 2 dias
  • Epístola de Paulo a Aroa. - Escoito o *¡sloomp!*, e as portas do tren indícanme que a saída é inmediata. Pouco a pouco comeza a andar e eu despídome de Compostela, nesa hora na que a...
    Há 3 dias
  • Cinema para hibernar - [image: Cinema para virse] Todo comezou vinte anos atrás, no sofá do salón, con unha de tantas películas que botaban a media noite pola dúas. A pegada imbo...
    Há 3 dias
  • Outras Inquisicións - Non estaba pensando nestas, senón nas que se producen nos varios libros que estou a ler, e dos que aproveito o caderno de bitácora para facer memoria futur...
    Há 3 dias
  • Repetíndome - Si, repítome, pero non me puiden resistir a esta nova entrega, moito mellor cá de abaixo, na que Sam Vimes e a súa aristocrática muller Lady Sybil represe...
    Há 4 dias
  • algo pasa - sen bourbon. sentirse lonxe e non saber se hai que estar cerca.
    Há 4 dias
  • Noite de lúa vella (e San Martiño, aínda por riba) - Chegou outro plenilunio, tolería para @s que andamos aluad@s e momento que aproveitei para pór moitas cousas en orde, lavar roupa (o vranciño de San Martiñ...
    Há 4 dias
  • pilulas de 1/2 hora - Levo un tempo a vivir sen tv. Sen o electrodoméstico quero dicir, porque sigo a consumir productos producidos para a tele [e non pretendo ser snob nen pend...
    Há 5 dias
  • trasgo - Anque di ter un nome irlandés e proceder dunha cidade dormitorio ás aforas de glaspop, eu creo que en realidade vive nunha cova. Ten as orellas puntiagudas...
    Há 6 dias
  • Os anxos de Times Square - Naturalmente que todo é unha cuestión de coincidencias, pero moito me temo que este ano ficará na lembranza de moitos de nós como un ano negro para as nosa...
    Há 1 semana
  • - ¡Moitas gracias, xente!
    Há 1 semana
  • - Onte, saíndo de ver o último filme de Terence Davies, preguntei aos que me acompañaban se era homosexual (Davies) e todos riron a esgalla. Ao parecer, tod...
    Há 1 semana
  • Plenitude - Hoxe estivemos miña filla e máis eu apañando érbedos polo monte. Despois fumos o cine e emocionámonos con Derzu Uzala. Pódese pedir máis para un domingo?
    Há 1 semana
  • CAMISA DE CANGREXO - *"Nada é permanente a excepción do cambio."* *Heráclito* (Saber que un é multi-direccional máis aló da teoría, ¿non ten volta atrás?, atopar des...
    Há 1 semana
  • CONSTRUCIÓNS - o próximo xoves 13 ás 21:30 na casa das crechas poderemos por fin vela presentación deste novo libro seu, *construcións*, que tan traído, levado e lindo...
    Há 1 semana
  • THX 1138 - O primeiro filme de George Lucas. Non chegou con iso? Ben, engadirei algo máis. Robert Duvall (sen táboa de surf). É un filme do ano 71, ainda que se rodo...
    Há 1 semana
  • Círculos viciados - Diría que a vida se tornou nunha mestura de Eternal Sunshine of the Spotless Mind e o día da marmota, que os recordos xogan ás agachadas, déixanse soñar, s...
    Há 1 semana
  • Estación + interna do ciclo anual. - *"Tempo de ocres, * *arrecendos a choiva, * *sabor a castanhas e tacto de lenha..."* Boomp3.com
    Há 1 semana
  • Afroamericano - O filme MalcomX, de Spike Lee, remata co panexírico que escribiu un amigo seu sobre o político de Harlem. Cito de memoria, e polo tanto mal: "Malcom X, er...
    Há 1 semana
  • rascunho#64 - [image: saindo] retomando um pouco, rascunhando outra vez, saindo. retomando un poco, esbozando otra vez, saliendo.
    Há 2 semanas
  • Unha horta urbana - Ben mirada, a horta que a miña avóa fixo medrar na casa de Mar del Plata foi unha das moitas maneiras da resistencia. Resistencia á vida urbana que a levou...
    Há 2 semanas
  • The End (of History) - Fukuyama-Hollywood Nin puta idea do que é un final aberto ou feliz
    Há 3 semanas
  • Medo - Si, medo e desconfianza.
    Há 4 semanas
  • BABY - you can never hold back spring
    Há 4 semanas
  • Amizade - Considérome umha persoa com muita sorte por estar rodeado de xente tam especial,a verdade é que som umha persoa que se atopa rodeado dum grandioso (em tod...
    Há 1 mês
  • Sempre neghativo... nunca positivo - Meme!! aí o vai! a miña contestación para Mario, que nos insta a prepararnos de cara á debacle que tantas veces vimos tan cerca no cinema (made in USA). ...
    Há 2 meses
  • Vergonza - "La UE cierra el paso a los 'sin papeles'" E isto a "Europa dos valores"? A que priva a centos de milleiros de persoas dos seus dereitos fundamentais como s...
    Há 4 meses