• Home
  • Vieiros
  • Mais Ala
  • Fotolog
  • Last.fm
  • Sono-tone
  • Animais Políticos
  • Facebook
  • Twitter

20.7.07

SECUÉSTRENME



A Audiencia Nacional ordena a retirada do último exemplar de "El Jueves" por inxurias á coroa

O secuestro do último número de El Jueves constitúe:

-Un grave atentado contra a liberdade de expresión
-Unha medida absurda, que non consegue acalar ao medio de comunicación, senón que pola contra serve de altofalante. Nunca unha portada de El Jueves foi tan reproducida.
-Unha chamada de atención a todos para lembrar que a existencia dunha monarquía no Estado Español non é un feito anecdótico, un mero elemento decorativo.

Afortunadamente -volvo co meu discurso habitual ;)- existe un espazo chamado Internet, onde durante toda a tarde de hoxe a portada de El Jueves ten sido reproducida en decenas de milleiros de páxinas, para que a puidesen ver millóns de persoas, e onde o secuestro ten sido debatido en centos de foros. ¿Van secuestrar todos as páxinas, medios dixitais e blogs que hoxe publican a portada? Que me secuestren. Declárome culpable de incumprir os artigos 490 e 491 do Código Penal

Tamén reaccionaron os Colexios de Xornalistas de Galicia e Catalunya e a Federación Española de Sindicatos de Xornalistas. E moitos medios de comunicación, que publicaron nas súas edicións dixitais a portada, entre eles 20 minutos, El País, El Mundo, La Vnaguardia, El Periódico e mesmo La Razón.

No noso país, GZNación e Vieiros publicaron a viñeta case de inmediato. Non o fixeron nin LaVoz, Faro, ElCorreo, e ningún outro dos medios de papel con edición dixital. Galicia tamén é diferente neste aspecto. A ver mañá no papel. Se cadra estes medios concordan máis co editorial que esta tarde publicou ABC na súa paxina web:
Es lógico, por tanto, que las leyes de este mismo Estado les protejan frente a este tipo de agresiones inaceptables a su honor y a su dignidad, que afectan también al conjunto de los ciudadanos, agraviados así mismo por una ofensa que no puede ampararse en la libertad de expresión. Don Felipe y Doña Letizia gozan del reconocimiento general, de modo que se equivocan por completo quienes pretenden romper la relación de respeto y afecto entre la Corona y los ciudadanos a través de expresiones que sólo demuestran el ínfimo nivel cultural y educativo de sus autores.

Entrevista ao debuxante, Guillermo, en RAC 1:

Get this widget | Share | Track details

Etiquetas: Blogs, censura, eljueves, secuestro

un tal Zerovacas escribiu isto as 14:55

13 Comments:

Anonymous Anónimo pasou por aqui­ e dixo...

Monarquía = Fascismo

15:22  
Blogger Arale Norimaki pasou por aqui­ e dixo...

Pero dende cando as "injurias a la Corona" entran na categoría de Dereitos Fundamentais? Se non me trabuco, segundo algún caso semellante do Constitucional, cando se trata de persoeiros públicos a sátira en caricatura (e non coa imaxe real) non constitúe delicto...
Menos mal que e internet foi máis rápido que del Olmo, aínda que sospeitosamente arestora a páxina web de El Jueves non vai. Grrrrr.

15:23  
Anonymous Anónimo pasou por aqui­ e dixo...

Moi probablemente, de non ser censurada, non vería a portada, así conseguiron que púxese todo o meu interese en vela e analizala.

Ás veces os gabinetes, asesores, etc., danme risa coas súas decisións...

17:21  
Anonymous ja pasou por aqui­ e dixo...

Eu, en canto lín a noticia, parei de traballar e baixei ó quiosco do Toural mercala e, ás catro da tarde, dou fe de que aínda a vendían!
Se cadra, agora cando volva pra casa, se me ve a policía con ela na man, chámame á orde!

18:23  
Anonymous Anónimo pasou por aqui­ e dixo...

eu vou correndo por ela....

19:25  
Anonymous Anónimo pasou por aqui­ e dixo...

Eu penso levar unha camisola a mani da Patria coa portada de EL Jueves. rd

12:10  
Blogger A pirámide pasou por aqui­ e dixo...

Isto é coma os nosos pais. Cústanos crer que botan un canivete de vez en cando. Asumimos que son asexuados. Ver nunha portada un debuxo da parella real en plena cópula fáiselles inconcebible. Ao mellor o par de meniñas que teñen viñeron de París en Cegoña Express. Si fose ZP coa dona xa tería saltado o PP defendendo a liberdade de expresión.

15:46  
Blogger O pastor eléctrico pasou por aqui­ e dixo...

E incrible, pero nin sequera nos queda interner. Provade a entrar en eljueves.es, está fechada. Entre a coroa e a innombrable, acabaran por decidir que pode haber ou non en internet.

20:46  
Blogger Marinha de Allegue pasou por aqui­ e dixo...

Non entendo moito a situación,tirando a nada finalmente son "eles" os que lle dan publicidade e contundencia á portada que sancionan.

Unha aperta.
:)

12:28  
Blogger A rapaza do arco pasou por aqui­ e dixo...

Buff!unha falta de respecto?! falta de respecto a deles, que nos obrigan a manterlles @s fill@s cos nosos impostos, así calquera os ten!
E aínda por riba isto!!

21:49  
Blogger A Raíña Vermella pasou por aqui­ e dixo...

A dereita fai gala dunha candidez que raia na debilidade mental, porque é obvio que, como ti dis, secuestrar a portada só serve para darlle publicidade. POr outra banda, tamén amosa candidez o ABC presupoñendo que a todos nos caen xenial Juancar, Leti e toda a súa prole chupóptera. Supoño que non lles cabe na cabeza que ninguén "normal" opine de xeito diferente a eles. Eu tamén vulnero bastantes artigos da Constitución, témome :p

09:43  
Blogger O Raposo pasou por aqui­ e dixo...

En marzo TVE censurou unha entrevista que Jesús Quintero lle fixo a José María García. Agora esto. Malos síntomas.

22:55  
Blogger sergio74 pasou por aqui­ e dixo...

jejje. A MONARQUIA A LIMPAR A RIA.
e vergoñento q no seculo q vivimos pasem estas cousas e chamanse progres, nim eles mismo o creem. buuf peña chunga. pero case q mellor xa q o unico q conseguirom foi q se desmandara todo e q a portdada xa teña un valor na rede de 2.500 eurazos.jejj aver se prende o q a compre???
bem cambiando de tema q teñas un vo dia da patria e q o pasedes a tope.
desta volta nom poido ir, pero xa nos vermos por Valga.
saudos e unha aperta

17:13  

Enviar um comentário

<< Home







      Este son eu

      My Photo

      zerovacas gmail.com
        ZV EN CASTELLANO

          dixen

          • GRANDES
          • PORTAOS BIEN...
          • SEN TEMPO QUE PERDER
          • PROMETO VOLVER...
          • ESTA NOITE, FESTA POLA CULTURA
          • E A PARTIR DE AGORA, GZNACIÓN
          • UN DOMINGO QUE SEMELLA...
          • DÚAS RECOMENDACIÓNS
          • A ÚNICA LINGUA
          • ABURRIDOS OU ACALORADOS?
            • Subscrever com Bloglines

                por temas

                América
                Blogs
                Cine
                Eleccións
                Estatuto
                Humor
                Libros
                Medios
                Música
                Netroots
                Persoal
                Política
                Reflexión
                Transición

                    Get Firefox!

                    Subscribe in Bloglines

                    Creative Commons License
                    Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.