VIGO
Eu, metade ferrolán, metade compostelán, procuro mirar a Coruña cun certo desprezo, nunha caste de actitude defensiva. Pero todos os que somos un pouco coruñófobos (eu, cada vez menos), somos ao tempo coruñocéntricos. E adoitamos esquecernos de Vigo, ou falar ben del sen coñecelo abondo. Pero seguramente Vigo é a única cidade de Galicia, a única merecedora de recibir tal nome. Nunca chegou a ser a Barcelona do Atlántico que prometía, nunca chegou a exercer de metrópole, de motor do país, pero ten a forza, o potencial, e as estruturas para conseguilo. De García Barbón a Policarpo Sanz, Urzáiz a Príncipe, o Sireno, Praza da Constitución e o Marco. E por Velázquez Moreno atravesar a Parza de Compostela até o mar. E, por suposto, Churruca, sempre Churruca. Dicía Paz Andrade, nunha entrevista realizada por Vítor Freixanes hai xa trinta anos, que o problema de Vigo era que os obreiros que a forxaran movíanse das factorías aos seus fogares, e viceversa, pero que as cidades eran precisamente aquilo que quedaba entre as fábricas e as casas: a vida, a sociedade. Pero hoxe Vigo é unha cidade, viva, creativa, fermosa, que esperemos moi cedo teña un novo alcalde (quedan 314 días).
Etiquetas: persoal





zerovacas gmail.com




7 Comments:
Querido pirómano, sei q ti o entenderás:
La estrella era, sin duda, Gazpacho; y no porque lo diga yo, que tenía una canción que lo decía ("Gazpacho, Gazpacho, de los fruittis es el mejor…"). Como buena serie española, no podía faltar el andaluz saleroso cabezón y necio que mete la pata cada dos por tres, para solaz de la audiencia (viva la Juani, ele qué arte); para reforzar su gracejo natural y evocador nombre, le plantaron un sombrerito cordobés, convirtiendo al pobre infeliz en una especie de Juanito Valderrama ovoide, marrón y con la cara como Pinhead. Lo mejor, la elección de la fruta: como el gazpacho presenta pocas opciones de vegetal, en lugar de ser un tomate, un pimiento o incluso una cabeza de ajo, Gazpacho era una piña, producto típicamente andaluz como ustedes ya sabrán.
e a pqna chamábase Kumba...
A única cidade de Galicia?? Pero tío, de que vas?? Se a calidade dunha cidade se mide polo ruido e a contaminación...
Dito sexa con agarimo. Saúdos dun turco coruñés... pero non "coruñento", que os hai, no peor senso da palabra.
(e Vigo ten unha marcha de p. madre, hai que recoñecelo)
Dúas respostas:
Mr. Ningures: Agacho moitas contradicións como coruñófobo, como o feito de ser un enfermizo deportivista, ou por exemplo que coruña é a cidade que mellor coñezo de Galicia, despois de Santiago. Ou que realmente teño pasado moi bos momentos en lacoru.
Mina: Me seguiré quedando con Pincho, un èrsonaje con muchos más matices y vida interior. En cuanto a Doraemon, todo es mentira: http://www.google.es/search?hl=gl&q=doraemon+coma+leyenda&meta=
Digo o que dicía Franz Ferdinand: I wanna burn this city
Keep up the good work. thnx!
»
This site is one of the best I have ever seen, wish I had one like this.
»
Enviar um comentário
<< Home