• Home
  • Vieiros
  • Mais Ala
  • Fotolog
  • Last.fm
  • Sono-tone
  • Animais Políticos
  • Facebook
  • Twitter

4.5.08

PECHAR O KOLKHOZ


É tempo de ir pechando o Kolkhoz (por un anaco), comprobada a escasa produción dos últimos tempos. Hei volver contar cousas cando teña cousas que contar e non abonde cos oídos que adoito me escoitan. E se cadra este blog ha volver transformado noutra cousa. Todo muda.

un tal Zerovacas escribiu isto as 15:26 25 conversas

24.4.08

SARAIVA DE CARVALHO

Cando estaba falando con Otelo Saraiva de Carvalho, non era realmente consciente da importancia dese home. Mesmo cando rematou a entrevista, ao darlle a man, parecíame completamente normal, rutineiro, estar á beira da persoa que comandou as operacións do 25 de abril. Púidose facer máis, pero a realidade social do Portugal do tempo non permitía aventuras máis altas; mais fíxose abondo. E algúns dos Capitães aínda están por aí, como Saraiva de Carvalho, que segue confiando en que a revolución é posible.

"A utopía que eu teño da democracia directa e do poder popular está a xurdir"


E agora fiquei cavilando no tempo que hai que non vou a Portugal. E o de Coímbra vai a serio? Apúntome!

Otelo Saraiva, Pataniscas de bacalhau!!!

un tal Zerovacas escribiu isto as 22:35 5 conversas

23.4.08

LÍMITES


O BNG non debería estar tan preocupado pola barreira electoral que impide de facto que Esquerda Unida ou a esquerda independentista teñan opcións de acadar representación no Parlamento Galego. Coa hipocrisía que os nacionalistas veñen exercendo a diario dende que chegaron ao goberno da Xunta, apostan en declaracións públicas por rebaixar o límite mínimo para acceder ao Parlamento, pero na práctica bloquean o proceso. Pero non deberían estar preocupados por se Esquerda Unida lles resta os votos de esquerda: polo que a min atinxe, sexa o límite do 3 ou do 5 por cento, o PVBE is dead.

un tal Zerovacas escribiu isto as 20:08 7 conversas

21.4.08

ENRIQUE X. MACÍAS


"Un día chamei á porta de Antón Reixa e díxenlle: son un músico solitario e gústame o que facedes no grupo Rompente; dádesme cabida?". Hai unhas tres décadas falaba así Enrique X. Macías, un rapaz da xeración do Polycomander, brillante e curioso, que converxía deste xeito co núcleo da revolución estética e creativa que agromou en Vigo dacabalo dos anos setenta e oitenta...

(Todo o que a música galega lle debe a Enrique Macías)

un tal Zerovacas escribiu isto as 08:44 1 conversas

20.4.08

...

And your saintlike face and your ghostlike soul (...)
Sad-eyed lady, should I wait?


E cando rematou de soar Sad-eyed lady of the lowlands biqueite.

un tal Zerovacas escribiu isto as 21:40 3 conversas

18.4.08

VENRES PUNKIE

Xa está aquí Estaleiro Editora, que nace co obxectivo de "abrir novos camiños dentro do sistema literario galego", unha alternativa "ao circuíto oficial da literatura e do pensamento subsidiados". Esta tarde, ás sete e media na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, presentación de Plan de Fuga, de Alberto Lema (un autor que "escribe como un poeta clásico porque tivo o bo gusto de elixir a vangarda para a vida", en palabras de María do Cebreiro). E para rematar a noite, presentación de Novidades Carminha na Gentalha do Pichel.

un tal Zerovacas escribiu isto as 14:40 3 conversas

17.4.08

O DECANO PEREIRO

Antes de facer calquera tipo de broma, só quero salientar que o Colexio de Xornalistas de Galicia vai ter un gran decano: un xornalista xenial, unha persoa honesta, valente, lúcida, e que ademais, por se fose pouco, foi líder de Radio Océano!!!

un tal Zerovacas escribiu isto as 19:28 5 conversas

15.4.08

TEORÍAS DO CAOS

Ara la corda fluixa/ és la nostra autopista.

Tenim milions d'entranyes que ens avalen

un tal Zerovacas escribiu isto as 21:40 0 conversas

XENIAL

Xenial entrevista a Manolo Outeiriño no Galicia Hoxe.

Supoño que o marxismo é incompatible co que o psicólogo social Michael Billig chamou nacionalismo banal. O pensamento ilustrado e internacionalista, do que o marxismo é unha modulación, é incompatible co nacionalismo banal que estudou Michael Billig. Non me dou explicado mellor, porque non che son Beiras. Sexa como for, o nacionalismo ten decote marcas de clase, como amosou Edward Palmer Thompson en A formación da clase obreira en Inglaterra.

un tal Zerovacas escribiu isto as 09:54 5 conversas

POLA III REPÚBLICA

14 de abril: Entre a segunda e a terceira república

Mesa redonda: Xoves 17. Facultade CC.PP. USC

un tal Zerovacas escribiu isto as 09:20 2 conversas

14.4.08

AS IRMÁS FANDIÑO


Eran moito máis ca dúas 'tolas', eran a cor nunha cidade gris. Eran unha verdade, unha historia máis, terríbel coma tantas da represión exercida polos fascistas durante corenta anos. Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño.

'As Dúas Marías': Unha vida de resistencia fronte á represión franquista

un tal Zerovacas escribiu isto as 11:08 2 conversas

11.4.08

SOLIDARIEDADE OBREIRA

Leche Río ameaza con non recollerlles o leite aos gandeiros, despois da protesta de onte. Ten todas as de gañar; non é tan doado para os produtores escoller a quen vender. En cambio as empresas si teñen moitas opcións para mercar, en calquera lugar do mundo, seguramente, cando menos da Unión Europea. Claro que existe a globalización, pero modulada nunha única dirección, para beneficiar aos actores máis poderosos. Claro que existe un proceso de construción europea, unha liberdade de circulación de capitais, de novo orientada en favor das grandes empresas. Esta globalización non é nova; xa no século XIX as empresas mineiras transportaron milleiros de traballadores polacos para rebentar as folgas dos obreiros nas minas próximas a Barcelona.

Cada un mira para o seu (ASI E IMPOSIBLE CANDO MIRAMOS A OUTRO LADO CANDO CONVÉN/ E PROTESTAMOS PORQUE OUTROS FAN O MESMO/ CANDO RECOLLES A UN CAÍDO E TE PISAN OS QUE CAERÁN/ DOUS PASOS MÁIS ADIANTE). Ninguén se vai posicinar en favor dos gandeiros, ninguén vai deixar, nin sequera, de mercar Leche Río, e ninguén vai renunciar a mercar o leite que nas grandes superficies se vende por debaixo dos seus custes de produción. Iso é o que falla. Claro que segue habendo clases sociais. E se hai clases sociais, hai loita de clases. O que sucede é que se intentan ocultar debaixo de discursos falsos sobre a produtividade, a burguesía autóctona e unha certa construción nacional dirixida dende as empresas. Pero isto non vai parar. Dicía Samuel Huntington que non hai clase social máis conservadora que os pequenos propietarios, pero que tampouco hai clase social máis revolucionaria que eses mesmos propietarios cando ven ameazado os medios do seus sustento. Non vai ser a derradeira acción dos gandeiros galegos.

un tal Zerovacas escribiu isto as 15:14 3 conversas







      Este son eu

      My Photo

      zerovacas gmail.com
        ZV EN CASTELLANO

          dixen

          • PECHAR O KOLKHOZ
          • SARAIVA DE CARVALHO
          • LÍMITES
          • ENRIQUE X. MACÍAS
          • ...
          • VENRES PUNKIE
          • O DECANO PEREIRO
          • TEORÍAS DO CAOS
          • XENIAL
          • POLA III REPÚBLICA
            • Subscrever com Bloglines

                egos dixitais

                • Abril e Revoluçao
                • Alicia Crece
                • Agardando a Godot
                • Ângelo
                • Arale Norimaki
                • Arraiana
                • Arredista
                • Arume
                • Bautista
                • Beluka
                • Berto
                • Besbellinha
                • Breogán
                • Bretemas
                • Cabrafanada
                • Calidonia
                • Capi­tulo 0
                • Casatlantica
                • Cineclube
                • Cinemafriki
                • Computodefantasmas
                • Conxurada
                • Dor na retina
                • Doutora Seymour
                • Duende
                • Elianinha
                • Elric
                • EnCompostela
                • Eva Campos
                • Fíos Invisibles
                • GalpóndeBreogán
                • Ghanito
                • GustavoHarvey
                • Leo
                • Lourixe
                • LuaNeghra
                • Lula Fortune
                • Malo de Aturar
                • Modesto
                • Náufrago
                • Nemeth
                • OBazardeNes
                • Occam
                • O Nadador
                • O Porto dos escravos
                • As ovellas eléctricas
                • Paraxe do Incordio
                • PerversionesCertezas
                • APicaradeAllegue
                • APirámide
                • Poemasdacova
                • Prosciutto Mourente
                • A Raíña Vermella
                • A Rapaza do Arco
                • Regueifeiro
                • Retropower
                • Sihomesi
                • Silvana
                • Torreira
                • Valdeorosa

                alpendre

                • 04.06
                • 05.06
                • 06.06
                • 07.06
                • 08.06
                • 09.06
                • 10.06
                • 11.06
                • 12.06
                • 01.07
                • 02.07
                • 03.07
                • 04.07
                • 05.07
                • 06.07
                • 07.07
                • 08.07
                • 09.07
                • 10.07
                • 11.07
                • 12.07
                • 01.08
                • 02.08
                • 03.08
                • 04.08
                • 05.08

                por temas

                América
                Blogs
                Cine
                Eleccións
                Estatuto
                Humor
                Libros
                Medios
                Música
                Netroots
                Persoal
                Política
                Reflexión
                Transición

                    Get Firefox!

                    Subscribe in Bloglines

                    Creative Commons License
                    Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.